martes, 13 de noviembre de 2018

Visita de Brauliotuber!

Boas familia!

Hoxe foi un día moi especial para os nenos e nenas de terceiro de Educación Primaria! Recibimos con moito agarimo a visita de Braulio Bolechas, que viña aprender connosco quen foi Álvaro Cunqueiro Mora e cales foron algunhas das súas obras máis coñecidas. Tamén quixo saber de que trataban algunhas das súas obras e preguntou por que a escola se chamaba como este famoso escritor. Serían os nosos nenos e nenas capaces de responder a todas as dúbidas de Braulio? Moi axiña o descubriremos, pois o programa será retrasmitido na canle dos Bolechas. Agardamos que vos guste! Un saúdo e ata pronto!






jueves, 1 de noviembre de 2018

lunes, 22 de octubre de 2018

POLARIS: EL SUBMARINO ESPACIAL

Boas familia! 

Hoxe os nenos e nenas desta clase pasárono xenial! Un planetario estivo instalado durante todo o día no ximnasio do colexio. O noso grupo tivo o pracer de ver a película Polaris: El submarino espacial y el misterio de la noche polar proxectado sobre a cúpula do planetario. Foi moi divertido aprender e repasar algúns contidos cos que estamos a traballar en Ciencias Sociais, Toda unha aventura que estariamos encantados de repetir! 







viernes, 19 de octubre de 2018

CONTACONTOS

Hoxe veu a visitarnos a científica Paquita Dinamita, que quixo viaxar aos "Estados Juntitos" e foi parar a unha illa deserta! A boa sorte foi que algúns dos nenos desta escola lle axudaron para lograr todo o que quería conseguir (comunicarse, alimentarse, viaxar voando...). Seguro que non se esquece de toda a axuda prestada! Moita sorte nas túas seguintes viaxes Paquita!





miércoles, 10 de octubre de 2018

O BUZÓN DA NOSA CLASE

Bos días!! No día de hoxe queremos ensinarvos unha nova incorporación á nosa aula: o buzón da nosa clase! Neste buzón os nenos e nenas podedes contarlle á profe todo aquelo que vos apeteza: preocupacións que teñades, problemas que puidese haber no recreo, como vos sentides...
En fin, esta é unha nova ferramenta de comunicación que nos vai axudar a que a vergoña non nos impida falar nin contar como estamos. É un buzón segredo, que soamente pode abrir a profe, polo que o resto dos nenos e nenas non saberán o que escribistes! Ademais, nin sequera é necesario que poñades o voso nome, podedes contar cousas sen dicir quen escribe. Agardo que vos guste e que o empreguedes moito, porque este buzón gardará moi ben os vosos segredos :) Saudiños amigos!


lunes, 1 de octubre de 2018

CLASSDOJO

Bos días!

Presentámosvos a última novidade da nosa clase, o uso de Classdojo! É unha aplicación na que cada un dos alumnos/as ten o seu avatar,  e pode ir gañando e perdendo puntos dependendo da actitude que teña na clase e do traballo realizado. Para que serve conseguir puntos? Moi pronto o descubriredes! Se queredes ver que avatares máis bonitos elixiron os nenos e nenas de terceiro podedes facelo na seguinte imaxe, sodes capaces de adiviñar quen é cada un? 😏

 Comprobade agora se adiviñastes :)

 

Agardo que vos  gustase a idea, vémonos nestes días! Unha aperta!

lunes, 24 de septiembre de 2018

SEMÁFORO DA CONDUCTA

Ola amiguiños!

Hoxe traivos unha cousiña que sei que ás veces non vos vai gustar 😁😁.

É un semáforo da conducta, onde nos iremos colocando segundo o noso comportamento na clase, no recreo, no comedor... Ata agora estades todos no verde, pero haberá alguén que se acabe movendo? Comprobarémolo nas nosas clases!!  😜 Ata loguiño!